viernes, 1 de abril de 2016

DÍA DA POESÍA: MANUEL MARÍA.

O pasado 21 de marzo, coincidindo coa entrada da primavera, celebrouse o DÍA DA POESÍA. Nós adiantamos a celebración ao venres 18 adicando a xornada a "Os soños na gaiola", de Manuel María.

E que mellor maneira de conmemorar este día que saír á rúa a compartir con familias e veciños a obra deste autor, que por outra banda, será o homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas.

Cada clase preparou un dos poemas recollidos nesta obra e saíu ao pobo a encher as rúas de música, risas, ledicia e moita, moita POESÍA

Estes son os resultados. Esperamos que vos gusten!!!!



No hay comentarios:

Publicar un comentario