miércoles, 20 de abril de 2016

QUE BONITO É VIAXAR!!!!!

A quen non lle gusta viaxar? É apaixoante e divertido, non si? Pois imos empezar pola nosa Comunidade Autónoma, e a partires de ahí, os que vos sintades moi aventureiros, podedes ir ampliando e visitando outros territorios do mundo. O límite poñédelo vós!!!! A divertirse, exploradores....

lunes, 18 de abril de 2016

VISITA AQUACIENCIA

O pasado xoves fixemos unha visita ao parque de Aquaciencia de Ferrol. Ademáis de divertirnos un montón con todos os inventos e aparellos que alí estaban, aprendimos moitísimo sobre os usos da auga ao longo da historia.

Mirade que ben o pasamos!

viernes, 1 de abril de 2016

DÍA DA POESÍA: MANUEL MARÍA.

O pasado 21 de marzo, coincidindo coa entrada da primavera, celebrouse o DÍA DA POESÍA. Nós adiantamos a celebración ao venres 18 adicando a xornada a "Os soños na gaiola", de Manuel María.

E que mellor maneira de conmemorar este día que saír á rúa a compartir con familias e veciños a obra deste autor, que por outra banda, será o homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas.

Cada clase preparou un dos poemas recollidos nesta obra e saíu ao pobo a encher as rúas de música, risas, ledicia e moita, moita POESÍA

Estes son os resultados. Esperamos que vos gusten!!!!