jueves, 29 de octubre de 2015

CONTO DE MEDO

Aplicando as técnicas da Gramática da Fantasía de Gianni Rodari, e aproveitando que estamos en Samaín, escribimos un conto de medo entre toda a clase. A ver se vos gusta. Ai mamasiña, que medo!!!!

 Técnica : A PEDRA NO ESTANQUE A PALABRA DE HOXE É......GRITO 

 Asociacións dos nenos/as
 gracioso , sonido , voz , Román , casa, choro, blandiño , morte , paiaso , falar , medo, toro , ruido , meiga , chillido , inglés

 Cada neno, aleatoriamente, vai engadindo unha oración ao conto. Única regra: teñen que aparecer todas as palabras das asociación

 UN GRITO NA NOITE…
         Esta é unha misteriosa historia. Tan misteriosa que aínda hoxe en día non se sabe moi ben o que pasou. (profe) Érase unha vez unha casa abandoada dunha pequena vila de Rusia. (Irene) As xentes do lugar dicían que estaba encantada. (Antía R.) Era pequeña, estaba moi sucia e chea de teas de araña (Brais P.). Faltáballe medio tellado e os paxaros anidaban dentro dela. (Manuela) Cada noite, ás dúas da mañá, escoitábase un chillido que proviña do interior da casa. (Brais R.)Había anos que ninguén se atrevía a entrar, dende que o propietario da casa morrera. (María) Tiñan medo de que a casa estivera viva (Aroa) O sonido, cada noite era máis forte.(Ainoa)

       Na vila habitaba un valente neno chamado Román. (Claudia) Un día decidiu que quería entrar na casa (Román). Contoulles aos seus amigos as súas intencións e todos lle dixeron que tivese moito coidado (Mario) Cando Román chegou á casa e abriu a porta, o primeiro que viu foi unha sombra (Alex) Xa dixemos que era valente así que entrou (Esteban) Dentro había unas escaleiras que parecía que nunca remataban (José Ángel) A sombra subiu as escaleiras e Román correu tras ela (María) . Chegou ao primeiro piso e observou unha porta á dereita (Brais R.) A sombra atravesou esa porta e o neno seguiuna (Ainhoa). Parecía que a sombra quería levalo a algún sitio importante para ela(Celia). Observou que a habitación estaba chea de cuadros estraños: unha meiga, un paiaso inglés e un toro sen cornos (profe). Escoitou un choro e …



Agora tócache a ti rematar o conto. E non esquenzas que hai que colocar todas as palabras que faltan.... Ai mamasiña que medo!!!!!

miércoles, 21 de octubre de 2015

SAÍDA EXTRAESCOLAR Fragas do Eume

O curso pasado, debido ás inclemencias do tempo, quedounos pendente unha saída escolar para visitar un dos máis prezados tesouros que temos na bisbarra. Déixovos estes enlaces para que vaiades mirando e buscando información sobre o que vos ides atopar.
Por certo, vixiade ben o que traedes nas vosas mochilas de volta, non vaia ser que se vos cole algún Derdrín !!! Ha,ha,ha!!




Fragas do Eume Parque Natural desde 1997 Resultado de imagen de fragas do eume

martes, 20 de octubre de 2015

EDUCACIÓN EN VALORES.

EMOCIÓNS.

  • Despois de traballar a autoestima e darnos de conta de cuan valiosos somos cada un de nós, imos empezar a aprender cousas sobre os sentimentos e as emocións. Moitas veces non sabemos identificalos, comprendelos, manexalos, expresalos........ Comenzaremos cun interesante esquema de análise da situación para logo traballar nos sentimentos




  • E agora, cantos destes sentimentos coñeces? Cales deles experimentas máis a miudo? 
  • E cantos deles eres capaz de identificar na preciosa cortometraxe que podes ver a continuación?
1)
15)
Vergoña
29)
2)
16)
30)
3)
17)
31)
4)
18)
32)
5)
19)
33)
6)
20)
34)
7)
21)
35)
8)
22)
36)
9)
23)
37)
10)
24)
38)
11)
25)
39)
12)
26)
Soidade
40)
13)
27)
41)
14)
28)
42)





                                    



O material aparecido nesta entrada está escollido das páxinas que vos recomendo, ambas as dúas moi interesantes para traballar a intelexencia emocional cos nosos fill@s e/ou alumn@s.
  http://www.palabrasaladas.com/emocionario.html
 http://ineverycrea.net/comunidad/ineverycrea/recurso/12-cuentos-para-trabajar-la-educacion-emocional-el/b9f5ecb8-86fd-49b6-8c15-9e918258f473

viernes, 16 de octubre de 2015

MATEMÁTICAS SIMPÁTICAS

Dalle ao coco!! Exercicios matemáticos interesantes e divertidos. Eres quen de facer 6 deles?? Proba o da suma e o da resta, e logo outro catro da túa elección.

PALABRAS, PALABRAS, PALABRAS...

Aquí vos quedan algúns exercicios sobre sinónimos, antónimos e palabras polisémicas. A divertirse aprendendo! E non vos esquenzades de contarnos como vos foi coas actividades!!

     

   

viernes, 2 de octubre de 2015

MÁIS DE ACENTUACIÓN

Esta fin de semana imos seguir practicando acentuación, acentuación, acentuación. Aqui vos deixo máis exercicios

   Resultado de imagen de agudas llanas y esdrujulas

Dictado1 REGLAS DE ACENTUACIÓN.AUTOEVALUACIÓN.