jueves, 26 de marzo de 2015

DIVERTIDOS CÓMICS

Vouvos propoñer un reto. Se premedes na imaxe chegaredes a unha páxina para facer cómics. É moi sinxela. A ver cantos de vos traedes, á volta de vacacións,  unha historia de tres ou catro viñetas impresa nun folio. Lembrade que teñen que aparecer todos os elementos dun comic que traballamos na clase. A divertirse creando historias!



martes, 24 de marzo de 2015

MATEMÁTICAS SIMPÁTICAS

Aquí vos deixo algúns xogos para repasar matemáticas estes días. Hai de moitos tipos. O primeiro enlace é de repaso de tablas de multiplicar.  No segundo hai xogos variados. A ver se sodes quen de xogar a todos os xogos!

 .



       

OS SENTIDOS

Para captar todo o que sucede ao noso redor e non perder detalle do que pasa temos os sentidos.
Aquí vos deixo uns videos de introducción ao tema. Cal é o voso sentido preferido?

jueves, 19 de marzo de 2015

ECLIPSE DE SOL

O 20 de marzo chegamos ao final do inverno no hemisferio norte e farémolo cun belo fenómeno astronómico: un eclipse de sol, que será visible dende Galicia parcialmente.
 Dará comenzo sobre as nove da mañá e estará no seu máximo sobre as 10, así que aínda que sexa festivo paga a pena madrugar un pouquiño. Lembrade que é MOI IMPORTANTE protexer os ollos e que se non tedes con que facelo é mellor observar o eclipse na tele ou nalgunha páxina de internet. NUNCA o fagades mirando ao ceo  directamente
Déixovos algo de información sobre os eclipses e os enlaces ás páxinas do Instituto Xeográfico Nacional e da Nasa. Na primeira delas atoparedes unha pantalla para ver a emisión do eclipse en directo!! Xa me contaredes o que vos parece.