viernes, 25 de diciembre de 2015

FESTIVAL DE NADAL 2015

Un ano máis, os artistas do Couceiro subiron ao escenario para agasallarnos co seu inxenio. Que bo rato pasamos!!  Aqui vos deixo todas as actuacións para que o desfrutedes as veces que queirades.

jueves, 17 de diciembre de 2015

RECOMENDACIÓNS DE GÜINO PARA O NADAL

Un dos mellores agasallos para Nadal é un libro. Con el podes aprender, divertirte e vivir apaixoantes aventuras. Por iso Güino, como todos os anos, vos deixa as súas recomendacións deste ano, por se vos interesa engadir algunha delas nas vosas cartas aos Reis Magos. Sexa como sexa, que desfrutedes moito lendo!!!!

BOAS FESTAS E VÉMONOS NO 2016



http://issuu.com/juliopampin/docs/recomendaci__ns_nadal_15/1?e=5050124/31883821
PREME NA IMAXE 


Por certo, estade atentos estes días porque en canto poidamos colgaremos os videos das vosas fantásticas actuacións do Festival de Nadal. Sodes uns artistas!!!!
E lembrade que cando teñades un ratiño, podedes vir xogar coas actividades da páxina. Vémonos!!!

COIDAMOS DA NOSA SAÚDE

A nosa profe de prácticas, Paula, ensinounos e guiounos na elaboración dun traballo sobre hábitos saudables. Traballamos en equipo e aprendimos moitas cousas sobre o tema. Buscamos e analizamos información, puxémola en común, debatimos e chegamos a decisións sobre o diseño e o contido , repartimos tarefas, elaboramos e finalmente preparamos unha exposición dos nosos traballos aos nosos compañeiros Gustounos moito esta forma de estudar,porque non todo van ser exámenes!! Grazas Paula por axudarnos tanto. Vas ser unha gran profesora !!!


lunes, 30 de noviembre de 2015

REPASO TÁBOAS DE MULTIPLICAR E DIVIDO

Para cando teñades un rato, para cando vos aburrades, para cando vos apeteza, para cando non saibades que facer......... xogade ás matemáticas!!! As matemáticas son moi divertidas e podemos  pasar un gran rato con elas así que vos deixo xogos de multiplicacións e divisións para que aprendades e pasedes o rato ao mesmo tempo.


                                                      


       

lunes, 2 de noviembre de 2015

CELEBRANDO O SAMAÍN

Como todos os anos, no Couceiro Freijomil continuamos coa tradición de celebrar o Samaín. O alumnado trouxo as súas cabazas preparadas da casa e fomos á biblioteca a escoitar un conto de medo.

jueves, 29 de octubre de 2015

CONTO DE MEDO

Aplicando as técnicas da Gramática da Fantasía de Gianni Rodari, e aproveitando que estamos en Samaín, escribimos un conto de medo entre toda a clase. A ver se vos gusta. Ai mamasiña, que medo!!!!

 Técnica : A PEDRA NO ESTANQUE A PALABRA DE HOXE É......GRITO 

 Asociacións dos nenos/as
 gracioso , sonido , voz , Román , casa, choro, blandiño , morte , paiaso , falar , medo, toro , ruido , meiga , chillido , inglés

 Cada neno, aleatoriamente, vai engadindo unha oración ao conto. Única regra: teñen que aparecer todas as palabras das asociación

 UN GRITO NA NOITE…
         Esta é unha misteriosa historia. Tan misteriosa que aínda hoxe en día non se sabe moi ben o que pasou. (profe) Érase unha vez unha casa abandoada dunha pequena vila de Rusia. (Irene) As xentes do lugar dicían que estaba encantada. (Antía R.) Era pequeña, estaba moi sucia e chea de teas de araña (Brais P.). Faltáballe medio tellado e os paxaros anidaban dentro dela. (Manuela) Cada noite, ás dúas da mañá, escoitábase un chillido que proviña do interior da casa. (Brais R.)Había anos que ninguén se atrevía a entrar, dende que o propietario da casa morrera. (María) Tiñan medo de que a casa estivera viva (Aroa) O sonido, cada noite era máis forte.(Ainoa)

       Na vila habitaba un valente neno chamado Román. (Claudia) Un día decidiu que quería entrar na casa (Román). Contoulles aos seus amigos as súas intencións e todos lle dixeron que tivese moito coidado (Mario) Cando Román chegou á casa e abriu a porta, o primeiro que viu foi unha sombra (Alex) Xa dixemos que era valente así que entrou (Esteban) Dentro había unas escaleiras que parecía que nunca remataban (José Ángel) A sombra subiu as escaleiras e Román correu tras ela (María) . Chegou ao primeiro piso e observou unha porta á dereita (Brais R.) A sombra atravesou esa porta e o neno seguiuna (Ainhoa). Parecía que a sombra quería levalo a algún sitio importante para ela(Celia). Observou que a habitación estaba chea de cuadros estraños: unha meiga, un paiaso inglés e un toro sen cornos (profe). Escoitou un choro e …



Agora tócache a ti rematar o conto. E non esquenzas que hai que colocar todas as palabras que faltan.... Ai mamasiña que medo!!!!!

miércoles, 21 de octubre de 2015

SAÍDA EXTRAESCOLAR Fragas do Eume

O curso pasado, debido ás inclemencias do tempo, quedounos pendente unha saída escolar para visitar un dos máis prezados tesouros que temos na bisbarra. Déixovos estes enlaces para que vaiades mirando e buscando información sobre o que vos ides atopar.
Por certo, vixiade ben o que traedes nas vosas mochilas de volta, non vaia ser que se vos cole algún Derdrín !!! Ha,ha,ha!!




Fragas do Eume Parque Natural desde 1997 Resultado de imagen de fragas do eume

martes, 20 de octubre de 2015

EDUCACIÓN EN VALORES.

EMOCIÓNS.

  • Despois de traballar a autoestima e darnos de conta de cuan valiosos somos cada un de nós, imos empezar a aprender cousas sobre os sentimentos e as emocións. Moitas veces non sabemos identificalos, comprendelos, manexalos, expresalos........ Comenzaremos cun interesante esquema de análise da situación para logo traballar nos sentimentos




  • E agora, cantos destes sentimentos coñeces? Cales deles experimentas máis a miudo? 
  • E cantos deles eres capaz de identificar na preciosa cortometraxe que podes ver a continuación?
1)
15)
Vergoña
29)
2)
16)
30)
3)
17)
31)
4)
18)
32)
5)
19)
33)
6)
20)
34)
7)
21)
35)
8)
22)
36)
9)
23)
37)
10)
24)
38)
11)
25)
39)
12)
26)
Soidade
40)
13)
27)
41)
14)
28)
42)





                                    



O material aparecido nesta entrada está escollido das páxinas que vos recomendo, ambas as dúas moi interesantes para traballar a intelexencia emocional cos nosos fill@s e/ou alumn@s.
  http://www.palabrasaladas.com/emocionario.html
 http://ineverycrea.net/comunidad/ineverycrea/recurso/12-cuentos-para-trabajar-la-educacion-emocional-el/b9f5ecb8-86fd-49b6-8c15-9e918258f473

viernes, 16 de octubre de 2015

MATEMÁTICAS SIMPÁTICAS

Dalle ao coco!! Exercicios matemáticos interesantes e divertidos. Eres quen de facer 6 deles?? Proba o da suma e o da resta, e logo outro catro da túa elección.

PALABRAS, PALABRAS, PALABRAS...

Aquí vos quedan algúns exercicios sobre sinónimos, antónimos e palabras polisémicas. A divertirse aprendendo! E non vos esquenzades de contarnos como vos foi coas actividades!!

     

   

viernes, 2 de octubre de 2015

MÁIS DE ACENTUACIÓN

Esta fin de semana imos seguir practicando acentuación, acentuación, acentuación. Aqui vos deixo máis exercicios

   Resultado de imagen de agudas llanas y esdrujulas

Dictado1 REGLAS DE ACENTUACIÓN.AUTOEVALUACIÓN. 

miércoles, 23 de septiembre de 2015

REPASAMOS TÁBOAS

E como non, imos reapasar as táboas de multiplicar, as nosas amigas que nos acompañarán toda a vida, así que máis vale coñecelas ben.

MERGULLÁMONOS NUN NOVO CURSO

Ola Mouchos e Coruxas do Couceiro. Benvidos a un novo e apaixoante curso escolar. Para empezar e ir quentando motores, déixovos uns exercicios de acentuación para xogar e aprender. A divertirse!
     agudas, llanas, esdrújulas.JPG    

martes, 23 de junio de 2015

MATERIAL PARA 4º

MATERIAL  ESCOLAR  PARA  4º  DE  PRIMARIA
                                
1.- MATERIAL FUNXIBLE (para uso en todas as asignaturas)
  • 1 caixa de panos de papel
  • 3 lapis do nº 2
  • 3 cadernos raiados tamaño folio de espiral
  • 1 caderno cuadriculado tamaño folio de espiral
  • rotuladores e ceras duras
  • 1 caixa de 12 lapis de cores
  • 2 barras de pegamento
  • 1 afilalapis
  • 2 gomas de borrar “normais”
  • 1 bolígrafo azul e outro vermello
  • 1 estoxo grande (non metálico)
  • 1 caixa plática para as cores
  • 1 carpeta arquivadora con dúas argolas (tamaño folio)
  • 1 xogo de separadores (tamaño folio)
  • 1 sobre de plástico tamaño folio para gardar fichas
  • 1 xogo de regras (escuadro, cartabón, regra e transportador)
  • 1 compás
    MATERIAL DE INGLÉS
·         caderno do ano pasado
·         1 carpeta de cartón duro tamaño folio

   MATERIAL DE FRANCÉS:
·         Utilizarán o material do curso pasado

   MATERIAL DE MÚSICA:
·         Utilizarán o mesmo material de terceiro:
·         1 frauta Hohner soprano (de plástico)
·         1 caderno de música tamaño cuartilla con 4 pentagramas por páxina
·         1 carpeta arquivadora con fundas plásticas (coas partituras do curso pasado)

  MATERIAL PLÁSTICA:
·         1 carpeta de cartón tamaño folio
·         1 caderno de debuxo tamaño folio de espiral
·         1 caderno de cartolinas de cores

2.-LIBROS DE TEXTO
  • 4º PRI Ciencias Naturais  -  Obradoiro Santillana  -  ISBN 978-84-9972-600-7
  • 4º PRI Ciencias Sociais  -  Obradoiro Santillana  -  ISBN 978-84-9972-714-1
  • 4º PRI Lengua Castellana - Santillana -  ISBN 978-84-680-2956-6
  • Arts and crafts PR4 - Macmillan - ISBN 978-84-158-6703-6
  • Tiger 4 Activity Pack 2014 - Macmillan - ISBN 978- 02-3047-548-9