martes, 18 de noviembre de 2014

NATURAIS: OS INVERTEBRADOS

Imos adentrarnos no apaixoante mundo animal. Empezaremos polos invertebrados. Aquí vos deixo unha serie de vídeos de cada unha das clases dos invertebrados. Tamén tedes uns xogos para aprender un pouco máis.







jueves, 13 de noviembre de 2014

VISITA DOS BOMBEIROS FORESTAIS

Que ben o pasamos hoxe! Forestiño ensinounos como debemos facer para evitar os incendios e logo os seus axudantes mostráronnos os equipos e ferramentas que usan e deixáronnos subir á motobomba.

jueves, 6 de noviembre de 2014

NATURAIS: CLASIFICACIÓN DOS ANIMAIS

Cal é o teu animal favorito? Un can, un cabalo, un golfiño, unha araña, unha rá, unha medusa, unha pulga....? Nestes días imos aprender como clasificalos segundo as súas características e algunhas curiosidades sobre eles. Queres investigar?








SOCIAIS: A AUGA




Ola, son Pina. Son unha pinguiña de auga que vivo no río Eume dende non hai moito tempo. Deíxovos uns vídeos e páxinas para que vexades que apaixoante é a miña vida e cantas  aventuras  vivo. Tamén quero que vexades que, ás veces, póñome moi triste porque hai xente que non me trata moi ben. Queredes axudar a coidarme?