viernes, 31 de octubre de 2014

SAÍDA AS FRAGAS DO EUME


O martes 4 de novembro, se o tempo o permite, temos previsto facer unha saída polas fragas durante a mañá. Darásevos a nota para a autorización o luns que deberedes traer firmada sen falta o martes.

Correde a voz e avisádevos uns aos outros. É importante que o saiba todo o mundo.



jueves, 30 de octubre de 2014

MATEMÁTICAS DIVERTIDAS

Para aqueles de vós que esteades un pouquiño aburridos estes días, aqui vos deixo un xogo para repasar as táboas de multiplicar do 3, 4 e 5. Preme na imaxe e a ver cantos puntos eres quen de conseguir.



NOITE DE SAMAÍN...

Aquí vos deixo un par de historias de medo contadas por Beatriz Montero que é unha contacontos realmente fantástica. Que vos divirtades na noite de Samaín, ha ha ha!!!

miércoles, 29 de octubre de 2014

NOITE DE SAMAÍN....

Estamos preparados para escorrentar todas as pantasmas que osen achegarse ao noso cole, ha ha ha ha!!!!
As nosas cabazas son as máis arrepiantes de todas!!!! Aínda que tamén as hai a mar de fermosas!


BAILAN, BAILAN AS PANTASMAS
MOUNSTROS, BRUXAS E CORUXAS,
BULE, BULE QUE AÍNDA É CEDO
E HOXE TOCA PASAR MEDO.....
 SAMAÍN 2014 on PhotoPeach

miércoles, 8 de octubre de 2014

NORMAS DE CONVIVENCIA

Benvidos a terceiro. Este curso imos traballar moito e aprender un montón de cousas interesantísimas. E para poder traballar a gusto e levarnos tod@s moi ben, aquí están a nosas normas da aula.
CORUXAS  E  MOUCHOS
Normas da aula
     
          

1. SON  RESPETUOS@   E   EDUCAD@
Ø  Escoito  cando  me  falan
Ø  Pido permisos
Ø  Uso  palabras  máxicas:  Perdón, Grazas, Por favor…
Ø  Traballo  sen  molestar
Ø  Evito  conflictos
2. SON  CUIDADOS@  E  ORDENAD@
Ø  Teño  colocado  todo  o  material
Ø  Recollo e limpo
Ø  Coido  das  cousas  propias  e  alleas
3. ESTOU  PREPARAD@
Ø  Traio  cada día as  tarefas  e o material que necesito
Ø  Coloco  todo  na  mesa  antes  de  empezar
Ø  Concéntrome  na  tarefa  que  vou  realizar


viernes, 3 de octubre de 2014

CORUXAS E MOUCHOS

Qué animais máis misteriosos e interesantes! Aquí vos deixo algunhas fotos para que vexades que bonitiños son. Máis adiante xa investigaremos sobre eles.


CORUXAS E MOUCHOS on PhotoPeach