jueves, 16 de junio de 2016

RECOMENDACIÓNS DE GÜINO

Esto está a chegar ao seu fin. E para aqueles aos que lle apaixona a lectura , Güino lles deixa unha serie de recomendacións de cara ao verán. Desfrutádeas!!!

viernes, 27 de mayo de 2016

LETRAS GALEGAS 2016

O pasado 20 de maio celebramos no noso cole o festival das Letras Galegas adicado este ano a Manuel María,  así como o VII certame de Poesía Couceiro Freijomil. No noso nivel resultou finalista Pelayo e gañadora Manuela. Noraboa a todos os participantes porque os vosos poemas eran todos especiais. Esperamos que sigades traballando para novas edicións!!




LETRAS GALEGAS 2016 - Kizoa Editar Videos - Movie Maker

miércoles, 20 de abril de 2016

QUE BONITO É VIAXAR!!!!!

A quen non lle gusta viaxar? É apaixoante e divertido, non si? Pois imos empezar pola nosa Comunidade Autónoma, e a partires de ahí, os que vos sintades moi aventureiros, podedes ir ampliando e visitando outros territorios do mundo. O límite poñédelo vós!!!! A divertirse, exploradores....

lunes, 18 de abril de 2016

VISITA AQUACIENCIA

O pasado xoves fixemos unha visita ao parque de Aquaciencia de Ferrol. Ademáis de divertirnos un montón con todos os inventos e aparellos que alí estaban, aprendimos moitísimo sobre os usos da auga ao longo da historia.

Mirade que ben o pasamos!

viernes, 1 de abril de 2016

DÍA DA POESÍA: MANUEL MARÍA.

O pasado 21 de marzo, coincidindo coa entrada da primavera, celebrouse o DÍA DA POESÍA. Nós adiantamos a celebración ao venres 18 adicando a xornada a "Os soños na gaiola", de Manuel María.

E que mellor maneira de conmemorar este día que saír á rúa a compartir con familias e veciños a obra deste autor, que por outra banda, será o homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas.

Cada clase preparou un dos poemas recollidos nesta obra e saíu ao pobo a encher as rúas de música, risas, ledicia e moita, moita POESÍA

Estes son os resultados. Esperamos que vos gusten!!!!



jueves, 31 de marzo de 2016

NATURAIS. AS PLANTAS

Aquí vos deixo uns videos das plantas para ir apredendo e curioseando. Que os desfrutedes!!


martes, 15 de marzo de 2016

MATEMÁTICAS . QUE HORA É?

Aquí vos deixo un montón de actividades de reloxos de agullas e dixitais para que practiquedes todo o que queirades.
 

martes, 8 de marzo de 2016

RECEITAS DE COCIÑA

Na asignatura de castelán estamos aprendendo a maneira de dar instruccións con oracións curtas e sinxelas. E aplicamos o aprendido nas receitas de cociña. Cada alumn@, coa colaboración da familia, escribiu unha receita das que se fan na súa casa. Con elas faremos un pequeno libriño que todos levaremos. E algúns trouxeron a proba!!! Axudaron e colaboraron a preparar a súa propia receita e déronlla a probar aos seus compañeir@s!!
Grazas familias por adozarnos os recreos!!!




jueves, 18 de febrero de 2016

NATURAIS: REINO ANIMAL





Xa que estamos no tema dos seres vivos, e dentro del, no reino animal, déixovos un enlace para os capítulos da mellor das series sobre o mundo animal: "El hombre y la Tierra"  Foi unha serie rodada  por Felix Rodríguez de la Fuente. Preguntádelle aos voso pais e nais se o coñecen!! Se vos gustan os animais, ides desfrutar moitísimo desta serie . Podedes ver os capítulos que aparecen  ou buscar outros escribindo na ventana onde pon "Título". Espero que vos gusten!

lunes, 15 de febrero de 2016

AVISO IMPORTANTE!!!



 NOVOS TELÉFONOS DO COLE

  •  SECRETARÍA        881930480 
  •  ORIENTACIÓN      881930482
  •  FAX                      881930483

jueves, 11 de febrero de 2016

ENTROIDO

Festa rachada, como manda a tradición!!! Aquí vos deixo dous enlaces do entroido: o das fotos e o das actuación. Sodes xeniais!!!!

jueves, 28 de enero de 2016

ENTROIDO!!!!

Que si, que si, que o Entroido xa está aquí! Un ano máis, no Couceiro, imos pasar unha xornada divertida . Pero antes, temos moito que traballar e preparar para que todo saia perfecto! O tema do cole son as "Épocas da Historia " e os de 3º e 4º decidimos que queríamos ser Tribus Nativas Americanas de antes da colonización dese continente: Apaches, Cheyennes, Navajos, Mohicanos, Pes negros, Sioux, Creeks, Iakotas, Comanches... Na clase investigaremos e traballaremos sobre eles. Pero para ir empezando a preparar a nosa actuación déixovos o enlace á música e a letra que imos cantar. A pasalo ben!!!!

ENTROIDO 2016         TRIBUS NATIVAS INDIAS          3º E 4º DE PRIMARIA

MANITÚ , GHAU!!
Todos os indios  ,           manitú, manitú    
estar moi contentos,     manitú manitú
porque o Entroido,      manitú, manitú
chegar ao Couceiro,    manitú, manitú
                                                GHAU!    GHAU!

Todas as tribus,           manitú, manitú
a paz moito querer,   manitú, manitú
ser moi amigos,            manitú, manitú
que grande placer!,   manitú, manitú
GHAU!    GHAU!

                     EAAA   EAAA   EAAA  É  ,  EAAA   EAAA   EAAA  É
                     EAAA   EAAA   EAAA  É  ,  EAAA   EAAA   EAAA  É


Vós non ter xefe  ,        manitú, manitú
non saber pactar ,        manitú manitú
todos no trono ,            manitú, manitú
querer sentar ,              manitú, manitú
                                                GHAU!    GHAU!

Nós os indios  ,           manitú, manitú
saber dialogar ,         manitú, manitú
ser civilizados ,          manitú, manitú
e a pipa fumar! ,       manitú, manitú
GHAU!    GHAU!

                         EAAA   EAAA   EAAA  É  ,  EAAA   EAAA   EAAA  É
                   EAAA   EAAA   EAAA  É  ,  EAAA   EAAA   EAAA  É




martes, 12 de enero de 2016

SOCIAIS: A HIDROSFERA

Aproveitando que estamos na época de chuvias, e que nestes días temos auga para dar e tomar, ... imos estudar a hidrosfera. Déixovos un videos  para ir afondando na materia

 

viernes, 25 de diciembre de 2015

FESTIVAL DE NADAL 2015

Un ano máis, os artistas do Couceiro subiron ao escenario para agasallarnos co seu inxenio. Que bo rato pasamos!!  Aqui vos deixo todas as actuacións para que o desfrutedes as veces que queirades.

jueves, 17 de diciembre de 2015

RECOMENDACIÓNS DE GÜINO PARA O NADAL

Un dos mellores agasallos para Nadal é un libro. Con el podes aprender, divertirte e vivir apaixoantes aventuras. Por iso Güino, como todos os anos, vos deixa as súas recomendacións deste ano, por se vos interesa engadir algunha delas nas vosas cartas aos Reis Magos. Sexa como sexa, que desfrutedes moito lendo!!!!

BOAS FESTAS E VÉMONOS NO 2016



http://issuu.com/juliopampin/docs/recomendaci__ns_nadal_15/1?e=5050124/31883821
PREME NA IMAXE 


Por certo, estade atentos estes días porque en canto poidamos colgaremos os videos das vosas fantásticas actuacións do Festival de Nadal. Sodes uns artistas!!!!
E lembrade que cando teñades un ratiño, podedes vir xogar coas actividades da páxina. Vémonos!!!